O Concello de Ortigueira achegará 18.000 euros para manter a actividade da Confraría de Pescadores de Espasante
O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, e o patrón maior da Confraría de Pescadores de Espasante, José Luís Martínez Rego, asinaron onte un convenio de colaboración polo que o concello concederá á entidade un total de 18.000 euros. A axuda contribuirá a financiar a actividade e para apoiar o desenvolvemento económico sustentable do sector pesqueiro no municipio.
No actual contexto socioeconómico, o goberno local ha decidido facer un esforzo para garantir que a Confraría de Pescadores poida seguir desenvolvendo como até o momento actividades que contribúan á sustentabilidade económica do sector e prestar servizos administrativos fundamentais para o colectivo de mariñeiros e mariscadores.
En virtude do acordo rubricado, que terá unha validez dun ano, a Confraría de Pescadores de Espasante comprométese a colaborar co concello na protección da Ría de Ortigueira- Ladrido, así como na promoción dos seus recursos naturais. Así mesmo, acorda ceder de forma gratuíta para a prestación de servizos municipais, “e na medida do posible”, o uso dos locais dos que dispón a confraría.











