O Concello de Ordes ofrece unha charla sobre o uso do chaleco reflectante como elemento de seguridade vial
O vindeiro venres a partir da 17.30 horas o local dos maires, ubicado na rúa Reconciliación, acollerá unha charla sobre os chalecos reflectantes como elemento de seguridade vial. Unha convocatoria englobada dentro do programa ‘Peatón, hágase ver’ emprendido conxuntamente pola Dirección General de Tráfico e a Xunta de Galicia, e na que tamén colabora a Policía Local de Ordes. Precisamente serán dous dos seus axentes os encargados de realizar a charla e transmitir os coñecementos a ter en conta a todos aqueles que estén interesados, xa que a cita está aberta a todo aquel que desexe asistir.











