O Concello de Neda recibe unha das obras da mostra “Chanzo a Chanzo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, recibiu de mans dos fotógrafos Tomás Morado, Francisco Javier Bayolo e Robus Pazos unha das obras que integraron a exposición “Chanzo a Chanzo”, aberta ao público durante o mes pasado na Casa das Palmeiras. Unha mostra con paisaxes únicas da comarca que tamén estará presente a través desta imaxe na Casa do Concello. No acto, celebrado esta mañá, tamén participou a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico.

21 de novembro de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.