O Concello de Monforte instalará pasos elevados para viandantes na rúa Reboredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de tráfico dotará á rúa Reboredo de dous pasos elevados para peóns, co obxectivo de evitar o exceso de velocidade dos vehículos cando transitan pola citada rúa.

Esta actuación levarase a cabo antes de que remate o ano en curso e, de cara ó 2014, a concellería de Tráfico estuda realizar actuacións similares noutras rúas da cidade.

A adopción destas medidas intenta poñer freo á irresponsabilidade dalgúns condutores que circulan a velocidades totalmente inadecuadas por certas rúas do casco urbano.

10 de novembro de 2013 | 10:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.