O Concello de Ferrol distribúe entre os centros de ensino o libro “A miña primeira Rosalía”
O Concello de Ferrol comezou a distribuír un centenar de exemplares do libro A miña primeira Rosalía ás bibliotecas dos centros educativos da cidade. Esta iniciativa forma parte do programa conmemorativo do 150 aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, posto en marcha pola Concellería de Normalización Lingüística que dirixe Martina Aneiros Barros.
Esta obra nace coa intención central de achegar e redescubrir a figura da poetisa galega e da súa obra Cantares Gallegos. O volume contén a biografía e antoloxía de diferentes poemas de Cantares Gallegos e Follas novas. Así memo, o libro tamén inclúe un disco con doce pezas musicais de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra.
Concertos para a cidadanía e os escolares
Dentro do programa conmemorativo tamén se realizaron os concertos “A miña primeira Rosalía”, un espectáculo que tivo unha gran acollida o pasado mes de outubro entre o público en xeral e os centros de ensino da cidade. Tres concertos nos que se interpretaron varios poemas da obra Cantares Gallegos a cargo dun elenco de recoñecidos músicos como María Manuela, Mini, Mero e Xiana Lastra.











