publicidade hoxe

O Concello de Culleredo mellora a rede de abastecemento no Cubo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas do municipio. Neste caso, o goberno local remata de finalizar traballos para modernizar a rede de abastecemento de auga na parroquia de Culleredo, o que incluíu ademais a renovación do firme da rede viaria.

Tratouse dunha actuación levada a cabo no núcleo do Cubo, situado nas inmediacións do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Tarrío. As obras levadas a cabo nas últimas semanas consistiron na renovación da rede de condutos de auga, para ofrecer un mellor servizo aos veciños e evitar a chegada de avarías. Ademais, o Concello efectuou unha reforma do pavimento da zona, que se foi deteriorando co paso do tempo.

Desta forma, o goberno de Culleredo dá resposta a algunhas das principais necesidades manifestadas polos residentes do Cubo. As obras foron incluídas polo Concello en paquetes de actuacións financiados pola Deputación da Coruña. En concreto, a mellora da rede de abastecemento forma parte dun plan de 55.000 euros de presuposto, con intervencións en varios puntos do municipio, e a reposición do firme, nun de 35.000 euros de presuposto.

Neste mesmo paquete enmarcouse a renovación das estradas en Morteiral, parroquia de Celas, que o Concello tamén acaba de completar.

11 de novembro de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.