O Concello de Cedeira organiza unha excursión para os maiores a Caminha e Valença do Minho
O Concello de Cedeira organiza unha excursión para os maiores da vila ás localidades portuguesas de Caminha e Valença do Minho. Excursión coa que o Concello pretende ofrecer actividades de ocio para o colectivo da Terceira Idade, creando espazos no que compartir o seu tempo.
A viaxe terá lugar o próximo 4 de decembro e, na xornada de hoxe, o Departamento Municipal de Servizos Sociais abría o prazo para que as persoas interesadas en participar se anotasen. Poden facelo chamando ao teléfono 650 779 862 ou ben de forma presencial na cafetaría do centro sociocultural (emprazada no Auditorio Municipal).
Así, os participantes poderán visitar a localidade lusa de Caminha, onde destaca o seu centro histórico de trazado medieval e a beleza das súas paraxes naturais, e a Fortaleza de Valença do Minho, coñecida pola súa actividade comercial. O prezo da excursión é de 22 euros e a comida corre por conta do usuario.











