O Concello da Coruña convoca unha nova edición do concurso escolar de postais de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Educación, Deportes e Xuventude que dirixe Francisco Mourelo, informa de que este luns, 4 de novembro, se abre o prazo de presentación de traballos para o III Concurso Escolar de Postais de Nadal.

Así, dende a área que dirixe Francisco Mourelo xa trasladáronse á comunidade educativa as bases desta edición na que se convocará unha única categoría para nenas e nenos de educación Infantil e Primaria escolarizados nos centros educativos da cidade e se outorgarán dous premios. Os traballos poderanse presentar ata o 29 de novembro.

A temática das postais será a felicitación de Nadal e Ano Novo. A técnica será libre, sen purpurinas nin tintas metálicas, e terá que entregarse en formato DIN A4 indicando o título do traballo, o nome e apelidos do autor, e o curso e nome do centro educativo. As dúas gañadoras serán, por unha parte, a imaxe da felicitación oficial de Nadal do Concello, e a outra, o seu cartel oficial das festas. Ademais, as postais participantes expoñeranse nas bibliotecas municipais e centros cívicos.

As postais entregaranse ou enviarán á Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude (Casa Paredes, avenida da Mariña, número 18, 2). A resolución do xurado, composto polo concelleiro Francisco Mourelo e catro técnicos de Educación e Cultura, darase a coñecer o próximo 5 de diciembre.Este concurso é unha das accións educativas que organizou a Concellaría no contexto do Nadal 2013 xunto ao concurso escolar de monólogos cómicos en galego, que se celebrará no Teatro Rosalía Castro; os concursos escolares de árbores de Nadal e Beléns feitos con material reciclable; ou a tradicional representación con fins solidarios que realizan os alumnos do Conservatorio Profesional de Danza para escolares e familias.

2 de novembro de 2013 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.