O Concello convida a veciños e turistas a realizar unha visita guiada polo casco histórico de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda, a través da Concellería de Turismo, organizará o vindeiro martes, 19 de novembro, unha visita guiada polo casco histórico da real vila. Un itinerario no que veciños e visitantes poderán descubrir a arquitectura e rico patrimonio monumental de Neda. A ruta, de tres horas de duración, cubrirá a distancia que separa as igrexas de Santa María e de San Nicolás. Está pensada para todas as idades e a participación na mesma é completamente gratuíta. Iso si, é preciso inscribirse previamente na Casa da Cultura (de luns a venres de 9 a 13 e de 17 a 20 horas); chamar ao teléfono 981 39 02 33 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@neda.dicoruna.es.

A visita guiada arrancará da Igrexa de Santa María ás cinco da tarde e, tras un minucioso percorrido polo interior do templo, partirá cara o centro. Alí, e entre as paradas obrigadas, estará a rúa Paraíso, a rúa Real, os soportais, o cruceiro, a Torre do Reloxo… Unha visita que, sen dúbida, merece a pena realizar.

13 de novembro de 2013 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.