O compositor de música de cine Sergio Moure visitará o Conservatorio Municipal de Culleredo
O Conservatorio Municipal de Música de Culleredo recibirá mañá, xoves 21 de novembro, a visita dun dos principais compositores españois de música cinematográfica.
Trátase do coruñés Sergio Moure. Impartirá a conferencia “A música non cine”, a partir das 20.00 horas no auditorio Gustav Mahler del Conservatorio.
Moure foi o compositor de bandas sonoras de longametraxes como “Secuestrados” ou “O corpo”. En 2004 foi nomeado para o Goya polo seu traballo en “Inconscientes”.
A conferencia está organizada polo ANPA do Conservatorio, coa colaboración do profesor de violín Marcos Seoane. O Concello de Culleredo agradece o esforzo da asociación para contribuír á actividade académica do Conservatorio.
Ademais, o centro celebra o venres, dende as 18.00 horas, o concerto de Santa Icía. A entrada ao auditorio será libre.











