O Club Ciclista Burela celebra a Asemblea anual ordinaria
Esta Asemblea celebraráse no hotel Nordés de Burela donde as 22:00 horas tamén teremos a cea baile de fin de tempada e durante a mesma faráse entrega do trofeo que tódolos anos entrega o Club o socio que durante a tempada actual asiste a máis Marchas cicloturistas e que este ano lle corresponde a D. Carlos Fernández Rodriguez por asistir a 13 Marchas.
No punto 3º da orde do día figura a entrega dun número da revista WORLD BIKES a cada socio porque esta revista de recente creacción se puxo en contacto co CC. Burela para facer unha reportaxe do Club e incluíla no segundo número de dita publicación.
O CC. Burela está moi orgulloso de que unha revista de tirada nacional se fixase nel para facer esta reportaxe e sobre todo do ben que o sacaron na revista, pensamos que e un recoñecemento o traballo que durante 18 anos leva feito este Club e sentimonos especialmente orgullosos de aportar o noso gran de aréa para que Burela saia nunha publicación deste tipo e con tanta repercusión xa que foron moitos os Clubes de Galicia así como de outras comunidades autónomas que nos felicitaron pola reportaxe.
Este recoñecemento apórtanos moita enerxía de cara a organización da próxima actividade que será a IX Marcha en BTT que organizamos o día 2 de febreiro do 2014 e na que xa estamos traballando especialmente no diseño do percorrido que este ano será especial xa que faremos 35 km. sin sair dos límites do noso Concello, gustaríanos que todos os afeccionados a este deporte e que non o practican poidan ver como máis de 300 ciclistas rodan polos nosos camiños e sendeiros.
Para o ano 2014 tamén recuperamos a Marcha Cicloturista de estrada que durante os dous últimos anos non organizamos, será a XVII Marcha de Burela, xa temos o percorrido definido e esperamos que todolos afeccionados a bicicleta de estrada poidan disfrutar deste percorrido que será bastante esixente tanto no kilometraxe, que será de máis de 120 km como da súa dureza e ademáis de esforzarse por completar o percorrido poidan disfrutar dos distintos entornos paisaxísticos por donde discurrirá a Marcha.











