O CITA convértese en punto de encontro da asamblea da Confapa-Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O CITA acollerá mañá a reunión da Asemblea xeral extraordinaria da Conferederación Galega de ANPA de Centros públicos. O encontro, ao que asistirán arredor de 30 persoas, será ás 11.30 horas.

Na orde do día da reunión está previsto a modificación dun dos artigos dos estatutos eo rexistro en galego dos estatutos actuais aos delegados nomeados de cada federación provincial. Confapa-Galicia agrupa as catro federacións provinciais, e vén desenvolvendo unha intensa actividade en defensa dos pais e nais ante o actual marco lexislativo cambiante. Ten presenza no CEG e entre as súas últimas intervencións están a presentación dunha moción á totalidade ao decreto de comedores e ser parte activa da marea verde en todo o territorio.

Ademais de acoller esta reunión, o CITA segue a recibir visitas concertadas de centros de ensino de Pontevedra e de toda a súa bisbarra.

15 de novembro de 2013 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.