O CIRS de Cervás acolle unha charla de educación vial impartida pola Policía Local de Ares
O CIRS de Cervás acolle mañá mércores pola tarde, ás 18.30 horas, unha charla de educación vial dirixida ás persoas da terceira idade. A actividade, promovida pola DGT e a Xunta, conta coa colaboración do Concello e, de feito, será impartida por axentes da Policía Local de Ares.
Esta charla enmárcase dentro dunha campaña que se está levando a cabo no rural para concienciar á cidadanía, nomedamente ás persoas maiores, da importancia que ten o cumprimento das normas de tráfico. A iniciativa, de feito, xurde a raíz dos últimos datos que constatan un incremento nos atropelos de peóns, con incidencia especial no caso de persoas maiores.
As persoas que acudan a esta charla recibirán de agasallo un chaleco reflectante.











