O ciclo Íntimo & Acústico trae a Santiago a Coque Malla presentando o seu novo disco, “Mujeres”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+

Este xoves 14, nova cita co ciclo Íntimo & Acústico da man de Coque Malla, que chega a Compostela para presentar o seu novo traballo, Mujeres. Será ás 21:00 horas na Sala Capitol, nun evento que se enmarca tamén dentro de Cineuropa Concerto. As entradas, a 15 euros (18 o propio día do concerto) poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Ticketmaster, A Reixa Tenda e salacapitol.com. O traballo que presenta Coque Malla en Compostela é Mujeres, un novo disco que repasa a súa carreira en solitario. Para esta retrospectiva, o artista volveu entrar no estudo e fíxoo acompañado por coñecidas cantantes e actrices.

Á festa deste disco súmanse Leonor Watling (“Berlín”), Ángela Molina (“Inténtalo”), Alondra Bentley (con quen canta a inédita “She Understands”), Anni B. Sweet (“No puedo vivir sin ti”), Jeanette (“Una moneda”), ou a súa nai, a veterana actriz Amparo Val (xuntos interpretan “La carta”). Neste novo disco, Coque Malla conta coa virtuosa banda formada por Gabriel Mª Juan (batería), Mac Hernández (baixo e coros), Charly Bautista (guitarra e coros), David Lads (teclados), e o propio Malla (guitarra acústica e voz), que ademais se encarga da produción.

13 de novembro de 2013 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.