O Centro Torrente Ballester inaugura a mostra “Afluentes 94. Os anos circulares: últimas tendencias da figuración en Galicia (1994-2013)”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A exposición “Afluentes 94. Os anos circulares: últimas tendencias da figuración en Galicia (1994-2013)” se inaugura mañá ás 19:00 horas no Centro Torrente Ballester (CTB). Esta mostra pon fin ao ciclo Afluentes, proxecto que o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Cultura que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, desenvolveu en colaboración coa Fundación Novacaixagalicia.

Afluentes repasou durante todo este ano as derivacións da arte da figuración en Galicia dende os anos setenta. Mónica Alonso, Misha Bies Golas, Vicente Blanco, Mar Caldas, Rosendo Cid, Antón Cabaleiro, Salvador Cidrás, Victoria Diehl, Suso Fandiño, Tamara Feijoo, Almudena Fernández, Félix Fernández, Fran Herbello, Jesús Madriñán, Tatiana Medal, Nano 4814, Álvaro Negro, Jorge Perianes, Carlos Rial, Diego Santomé, Damián Ucieda, Manuel Vázquez e Diego Vites son 23 artistas que dará vida á mostra que pecha este proxecto Afluentes. Arredor de 40 obras compoñerán “Os anos circulares: últimas tendencias da figuración en Galicia (1994-2013)” e os varios artistas realizaron instalacións específicas para o espaza do Centro Torrente Ballester.

Presentación do libro “Afluentes 94”

Durante o acto inaugural tamén se presentará o libro Afluentes 94 realizado con motivo da exposición e que forma parte do conxunto do proxecto. Así, de maneira máis concreta, a mostra Os anos circulares explora a situación da arte galega a partir dos anos noventa, momento no que se producen varios feitos significativos que nos levan a falar dunha época de cambio no mundo da arte.

28 de novembro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.