O Centro de Formación Isaac Díaz Pardo oferta prazas para un obradoiro de emprego
O Centro de Formación Isaac Díaz Pardo oferta prazas para participar nun obradoiro de emprego. Aqueles interesados en solicitar unha destas vacantes poden dirixirse ao centro municipal de formación e cumprimentar unha ficha de inscrición antes do próximo martes.
O Programa Rural-Emprende está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego dirixidos á inserción laboral de persoas en situación de desemprego. Este Programa está sendo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos” e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. A duración do Programa Rural-Emprende será de 6 meses. Iniciarase no mes de Decembro de 2013 e rematará en Maio de 2014.
Este Programa vai dirixido a persoas desempregadas, preferentemente que estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, e cumpran algún dos requisitos de ser persoas desempregadas de longa duración, Muller, menor de 30 anos, persoas inmigrantes ou persoas con algunha discapacidade.
O Programa Rural-Emprende pretende baixo un enfoque innovador, dar formación eminentemente práctica a desempregados e desempregadas sobre a PRODUCIÓN DE HORTA ECOLÓXICA e de AGROINDUSTRIA e TRANSFORMADOS (viño, sidra, marmeladas, conservas vexetais, cosméticos naturais, xabóns artesáns), con clases teóricas e prácticas presenciais. Nunha segunda fase trataríase de facilitar que o alumnado se formara con produtores que xa están traballando na actualidade nos concellos que conforman o territorio de Mariñas-Betanzos.
Ademais tamén haberá outra especialidade deste Programa, que será INICIATIVA EMPRENDEDORA “Aprender a emprender”, orientada a traballar na xeración de iniciativas de emprego sostibles, contando con formación e apoio para o desenvolvemento dos plans de empresa.











