O Celta rende homenaxe a Cáceres en Zaragoza
O Celta participou onte na homenaxe que o Real Zaragoza e un combinado de ‘Amigos de Fernando Cáceres’ renderon ao exxogador celeste, nun encontro cargado de emotividade e cariño.
Bellvís, Madinda, David Rodríguez, Jonathan Vila, Jonny e Mario Bermejo, coa alta médica tras unha longa lesión, xogaron en La Romareda nun envite cuxa recadación servirá para axudar a Cáceres no seu tratamento de recuperación.
O resultado do partido foi dun a cero a favor do Real Zaragoza, con gol de Roger na primeira parte. O dianteiro zaragocista dedicou o seu gol a Fernando Cáceres, ensinando unha camiseta co número ‘4’ do exfutbolista.
FICHA TÉCNICA
1-Real Zaragoza: Alcolea, Cortés, Laguardia, Álvaro, Rico, Paglialunga, Cidoncha, Antón, Javi Álamo, Suárez e Roger. Tamén xogaron Whalley, Paredes, Movilla, Barkero, Jorge Ortí, José Mari, Fernández, Víctor, Porcar, Abraham e Tarsi.
0-Amigos de Fernando Cáceres: Pinto, Camacho, Javi Fuego, Colotto, Juanfran, Albelda, Gabi, Ander Herrera, Cani, Sergio García e Lafita. Tamén xogaron Leo Franco, Jonny, J. Vila, Madinda, Bellvís, Generelo, Oriol Romeu, Soriano, Coroa, Míchel, Jorge López, David Rodríguez, Bermejo, Perotti e Alcácer.
Goles: 1-0, Roger (min. 16).
Árbitro: Cristian Lixandru (comité aragonés). Sen amoestados.
Campo: A Romareda (15.000 espectadores).











