publicidade hoxe

O Ceip Virxe do Carme, de Sober, contará cun plan de formación permanente do profesorado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O CEIP Virxe do Carme de Sober será un dos beneficiados pola Xunta cun Plan de Formación Permanente del Profesorado para a mellora do traballo na biblioteca escolar para os cursos 2013-2014 e 2014-2015. O Concello de Sober congratúlase desta boa nova para o centro.

O persoal do centro elaborou un proxecto para a biblioteca coas carencias e aspectos a mellorar e en base a esa proposta a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa concedeu o proxecto de formación para os profesores durante dous anos.

O proxecto consiste en 80 horas de formación repartidas en dous cursos e en dos grupos de traballo:

– CURSO I: As novas tecnoloxías e a xestión da biblioteca

– CURSO II: Competencia lingüística e biblioteca

– GRUPO DE TRABALLO I: TICs e biblioteca

– GRUPO DE TRABALLO II: Novos recursos para a nosa biblioteca

O profesorado pretende mellorar a competencia lingüística do alumnado, fomentar as súas destrezas lingüísticas (falar, escoitar, ler, escribir e conversar), elaborar materiais específicos e adecuados para os alumnos, así como incorporar a biblioteca como recurso de apoio para calquera materia, investigación ou busca de información, entre outros.

O plan de formación permitirán desenvolver o proxecto no propio centro, de xeito que son os relatores os que se trasladarán ao CEIP Virxe do Carme e traballarán en función das características do centro e do alumnado e das súas especificidades e características.

8 de novembro de 2013 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.