O CEIP de Cedeira, en Redondela contará cunha aula de psicomotricidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraRedondela
A-
A+
Reunión da delegada territorial de Vigo e o alcalde de Redondela

Reunión da delegada territorial de Vigo e o alcalde de Redondela

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará a cabo unha obra de reforma no CEIP de Cedeira, en Redondela, co obxectivo de ampliar a súa superficie para comedor e crear unha aula de psicomotrocidade.

Esta mañá, o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantiveron un encontro co alcalde do Concello, Javier Bas, para concretar o proxecto e determinar as fases nas que se levará a cabo dita actuación.

A obra de reforma e ampliación do CEIP de Cedeira ten por obxectivo a adaptación do centro á lexislación vixente, tanto no referente ao cumprimento da normativa de accesibilidade como ao programa de espazos, coa ampliación de superficie para comedor e a creación dunha aula de psicomotricidade.

Para isto se acometen dúas liñas de actuación: por unha banda a reorganización interior do centro actual e por outra a ampliación do mesmo, aproveitando o espazo cuberto existente na fachada este. Esta ampliación, cunha superficie construída de 155,55 m2, albergará o novo comedor e a aula de psicomotricidade.

Esta actuación proporcionará:
• Un novo comedor máis espacioso e adecuado ao número de alumnos do centro.
• Espazo para aula polivalente e de psicomotricidade.
• Liberación de accesos e lugares de almacenaxe mediante a redistribución de certos espazos.
• Novo local para ANPA.
• Dotación de aseos propios en aulas de infantil.
• Mellora da accesibilidade do centro, con ramplas de acceso e creación dun novo aseo adaptado para uso de minusválidos.

O importe destas obras, contempladas nos orzamentos para 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ascende a 100.738,96 euros.

13 de novembro de 2013 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.