O Carballiño acolle as II Xornadas provinciais de Protección Civil
A Casa da Cultura do Carballiño acollerá este sábado, 16 de novembro, as II XOrnadas Provinciais de Protección Civil. O alcalde carballiñés, Argimiro Marnotes, xunto co responsable da agrupación local de Protección Civil Juan Miguez, presentaban estas xornadas, que se centarán na posta en práctica do grupo cinolóxico, cans adestrados para a busca de persoas, como unha ferramenta imprescindible nestes tempos para o rescate de persoas perdidas.
Durante as xornadas tamén se entregarán as medallas aos membros de protección civil en recoñecemento ao seu traballo e antigüidade no corpo. As xornadas serán inauguradas polo presidente da Deputación e o alcalde do Carballiño, ás 10:00 horas na casa da cultura da vila do arenteiro.











