O C.R.D.O. Ribeiro asina un convenio de tarifas preferentes con Seur ao cal poderán adherirse as súas 100 adegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+

Co obxectivo de optimizar custes, mellorar procesos e integrar sinerxías, o Consello Regulador da D.O. Ribeiro e SEUR, compañía referente do transporte urxente en Iberia e con cobertura internacional a través da rede DPD do seu socio GeoPost, veñen de asinar un acordo para a integración nos transportes nacionais e internacionais. Os beneficios deste acordo de integración, implica a consecución dunhas tarifas preferentes para todo o portfolio de servizos, que redundan nunha notable redución de custes, un incremento do servizo postventa, outros de valor engadido como embalaxes específicos para o viño e un óptimo seguimento nos tránsitos que evitarán incidencias nas entregas.

Por outra parte, o Consello Regulador do Ribeiro e SEUR asinan un convenio entre ambas partes, para facer extensibles os beneficios mencionados anteriormente á totalidade das adegas acollidas á D.O. Ribeiro.

As adegas da D.O. Ribeiro poderán beneficiarse do liderazgo de SEUR para os seus envíos locais, nacionais e internacionais e incluso nas operacións de venda on line a calquera punto do mundo, xa que SEUR é actualmente, líder indiscutible na xestión e-commerce, sendo provedor destes servizos para compañías multinacionales.

O acordo asinado con SEUR, aporta valor á D.O. Ribeiro e ás súas bodegas ao garantir maior eficiencia en custes e servizo ao cliente.

20 de novembro de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.