O barrio de Canido acollerá a charla “Alzheimer ou esquecemento, como diferencialo?”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

“Alzheimer ou esquecemento, como diferencialo? ” é o título da charla informativa en torno á enfermidade que mañá venres, 8 de novembro, terá lugar no SDR Canido a partir das oito da tarde. Con entrada libre e gratuíta, está organizada por AFAL Ferrolterra, a asociación de veciños do barrio e a Asociación Sociocultural Muíño do Vento. Estará impartida pola terapeuta ocupacional do Centro de Día Terapéutico de AFAL, Noelia Ríos, e a través desta intentará dar resposta a tres preguntas clave: Que é o Alzhéimer?, Como detectalo? y Como abordar a situación? Tras a charla, abrirase un coloquio para que o público presente poida formular as súas inquietudes ou dúbidas en torno ao Alzheimer.

Dende o pasado mes de xullo AFAL ofrece ás asociacións de veciños da súa área de influencia a posibilidade de acoller charlas informativas nos seus respectivos locais sociais en torno á enfermidade do Alzhéimer. O obxectivo non é outro que sensibilizar á sociedade en xeral respecto a esta doenza. Así, as asociacións que estean interesadas en acoller esta conferencia tan só deben dirixirse a AFAL Ferrolterra. Para iso, teñen á súa disposición o correo electrónico afalferrolterra@afalferrolterra.com, o teléfono 981 37 06 92 ou ben poden solicitalo nas propias instalacións da entidade, situadas na rúa Río Castro, 43-45, baixo Ferrol.

7 de novembro de 2013 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.