O Azkar vence ante o Gran Canaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

A finais non se xogan, gáñanse. Os partidos importantes o mesmo. Hoxe o Azkar Lugo non fallou (5-2) no seu partido máis importante quizais nesta primeira volta. Hoxe non era unha final, pero si un partido para coller confianza e tranquilidade. Os lucenses, sabendo do que se xogaban, tocoulles remontar tralo gol dos canarios e ao descanso xa mandaban con 2-1. No segundo periodo os amarelos xogaron desde o inicio con porteiro-xogador e o partido volveuse feo, aburrido, pero o importante era gañar e os azuis fixérono, non sen sufrimento, pero sumou tres puntos máis que afástanlle a oito puntos do Gran Canaria que é último.

O partido desde o inicio viuse que o Azkar Lugo ía mandar. A posesión de balón era para os galegos que vían como os de Suso Méndez esperaban en media cancha para buscar a contra. As ocasións no inicio eran para os pronistas, aínda que tampouco excesivamente claras. Tras ocasión de Chano ou Cuco, superado o ecuador do primeiro acto os canarios sorprendían cunha rápida xogada que concluía co gol de Juanpe (0-1). Ese gol acusárono durante un par de minutos os lucenses, onde puido chegar o segundo dos amarelos, pero entón o Azkar Lugo reaccionou e un disparo de Chano desde a frontal do área convertíase no 1-1. Entón os de Diego Ríos estaban crecidos, buscaban por todos os medios o segundo da tarde e este chegou nunha boa contra iniciada por Chano que tras facer a parede con Iago Rodríguez, o gaditano que anotaba o 2-1, resultado co que se chegaba ao descanso.

Tralo paso por vestiarios, o Colegios Arenas Gran Canaria, sorprendía, aínda que non tanto xa que adoita facelo con asiduidade, atacando desde o inicio con Juanillo como porteiro-xogador. Algo que deslucía o espectáculo, pero que xa avisara o técnico dos locais na previa que podía pasar. O monólogo no xogo dos isleños gozando de toda a posesión de balón, non lles daba resultado porque os lucenses realizaban unha gran defensa. A ocasión máis clara para os amarelos chegaría cun disparo ao pau aos cinco minutos da reanudación. O Azkar recuperara un par de balóns para poder chutar, pero non o lograba. Superada a media de hora de partido, unha recuperación dos azuis transformábase no gol de Cuco (3-1). Ese gol daba maior tranquilidade aos azuis, aínda que a cinco minutos do final, un disparo fortísimo e afastado de Lincon transformábase no 3-2, un gol dubidoso xa que tras pegar no longueiro o balón saía cara a fóra, pero os colexiados dábano por bo. De novo os nervios a flor de pel, cun Azkar Lugo por diante pero xa só cun gol de diferenza no luminoso. Esa constante superioridade dos visitantes co porteiro-xogador era un perigo para os locais quenes seguían defendendo con uñas e dentes a súa vitoria momentánea. O Gran Canaria tivo unha ocasión para facer o empate, pero a pouco máis dun minuto para o final Iago Rodríguez sentenciaría o choque cunha recuperación e sen Juanillo na portería, con tranquilidade e tras deixar a un defensa no chan, facía o 4-2. O Municipal de Lugo estalaba porque sabía que ese era o gol da vitoria. Os canarios entregaban o partido, a súa táctica de desgastar ao rival co 5×4 durante vinte minutos non tivera resultado. Para redondear a vitoria, sobre a bocina final Iago Rodríguez pechaba o choque cun disparo que se transformaba no 5-2. Tres puntos máis que deixan aos lucenses a oito puntos de distancia sobre a escadra canaria.

Ficha técnica:
Azkar Lugo 5: Mendiola, Diego Núñez, Jandri, Cuco e Chano, -cinco inicial-, Antonio Diz, Iago Rodríguez, Aranburu e Zala.
Colegios Arenas Gran Canaria 2: Dani Cabezón, Glauber, Julio, Campoy e Lincon, -cinco inicial-, Dani Laurino, Yeray, Juanpe e Juanillo.
Árbitros: Del Pozo García e López Jiménez (comité madrileño). Amonestaron con tarxeta amarela a Diego Núñez, Cuco e Iago Rodríguez, (Azkar) e a Campoy (Gran Canaria).
Incidencias: 13ª xornada de liga en 1ª división. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo. Uns 500 espectadores.
Goles: 0-1 min. 13 Juanpe, 1-1 min. 16 Chano, 2-1 min. 20 Chano, 3-1 min. 31 Cuco, 3-2 min. 35 Lincon, 4-2 min. 40 Iago Rodríguez e 5-2 min. 40 Iago Rodríguez.

30 de novembro de 2013 | 22:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.