O Azkar Lugo procura unha vitoria precisa para maior tranquilidade
O Azkar Lugo estará mañá sábado (16:15 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) ante a unha nova oportunidade de poder abrir distancias co último posto da táboa, o de descenso. Os lucenses reciben ao Colegios Arenas Gran Canaria nun partido de necesidade para ambos conxuntos, máis se cabe para os canarios que sumaron un punto nas 12 xornadas disputadas.
Pero o Azkar ten que gañar si ou si. Non lle queda outra si quere vivir cunha maior tranquilidade e afrontar con maior confianza próximos compromisos. Unha derrota deixaría á escadra galega cos isleños pisándolles os talóns e ademais podería debilitar ao grupo, que necesita xa unha alegría logo de ver como en varios partidos quedouse sen puntos pese a despregar un bo xogo. É a hora da verdade, de afrontar un partido non decisivo pero si moi importante.
A semana en canto a lesións foi accidentada para os lucenses. Cospe e Álex Diz lesionáronse no comezo e final de semana nas sesións de preparación e son baixa. Ademais Diego Ríos deberá estar atento a dous xogadores, Mendiola e Cuco que foron dúbida ata o mesmo día de hoxe. Pola súa banda os canarios, trala saída de varios xogadores en datas pasadas, chega á capital lucense realizando unha convocatoria de dez xogadores.
Convocatorias:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Adrián e Zala.
Colegios Arenas Gran Canaria: Josué, Glauber, Yeray, Lincon, Campoy, Juanillo, Dani Cabezón, Julio, Juanpe e Dani Laurino.
Histórico de enfrontamentos na 1ª división en Lugo:
Vitorias Azkar: 1.
Empates: 0.
Vitorias Gran Canaria: 0.
Tempada 12/13: 4-3.











