O Azkar Lugo pasa a oitavos de final da Copa do Rei tras eliminar ao Agüimes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+

O Azkar Lugo conseguiu esta noite en terras canarias o seu pase para os oitavos de final da Copa do Rei de fútbol sala tras eliminar ao Profiltek Agüimes (0-5). Os lucenses non se deixaron sorprender e así tras un gran inicio de partido xa mandaban por dous goles, chegando ao descanso cunha diferenza de catro tantos, deixando case resolta a eliminatoria. No segundo período os lucenses ao primeiro minuto anotarían o quinto gol e deixaban sen opcións aos canarios.

O Azkar Lugo deixou claro desde o primeiro minuto que non quería quedar apeado da primeira rolda da Copa do Rei como lle sucedera a pasada campaña e así os lucenses saíron moi enchufados e primeiro aos 17 segundos Iago Rodríguez e posteriormente Cospe un minuto despois subían o 0-2 ao marcador. Tras eses dous minutos perfectos dos galegos, e que os locais tamén comezasen a liberarse da presión inicial, o Azkar ampliaba a súa diferenza no luminoso co 0-3 de novo de Cospe, o que obrigaba ao Profiltek Agüimes a solicitar tempo morto para frear as arremetidas lucenses. O dominador do choque era a escadra lucense, hoxe de branco, e así Santi o meta dos canarios salvaba aos seus de novos goles. A dous minutos do descanso chegaría a ocasión máis clara para o Agüimes nos primeiros vinte minutos, pero ao descanso chegaríase co 0-4 para os de Diego Ríos xa que Chano ao bordo do intermedio batía a Santi. Tras o descanso e ao primeiro minuto, Chano de novo volvía perforar a meta dos locais e puña a sentenza na eliminatoria, nunha segunda parte no que os insulares buscaron o seu gol da honra nos seus mellores minutos do partido debido a un pequeno baixón dos lucenses no seu xogo, quizais provocado polo amplo resultado.

Ficha técnica:
Profiltek Agüimes 0: Santi, Alexander, Francisco, Jony e Juan, -cinco inicial-, Manuel, Juan Manuel, Nacor, Álex, Dimas e Raúl.
Azkar Lugo 5: Óscar Iglesias, Cospe, Jandri, Iago Rodríguez e Antonio Diz, -cinco inicial-, Aranburu, Adrián, Chano, Zala e Mendiola.
Árbitros: Díaz Rodríguez e Díaz Rodríguez (Gran Canaria). Sen amoestados.
Incidencias: eliminatoria de dezaseisavos de final da Copa do Rei de fútbol sala. Pavillón Las Crucitas. Cheo cuns 500 espectadores.
Goles: 0-1 min. 1 Iago Rodríguez, 0-2 min. 2 Cospe, 0-3 min. 6 Cospe, 0-4 min. 18 Chano e 0-5 min. 21 Chano.

Resto de resultados:
Hércules San Vicente 4
– Colegios Arenas Gran Canaria 2
Plásticos Romero Cartagena 4 – Jaén Paraíso Interior 1
Ategua FS 0 – Inter Movistar 4
L´Hospitalet Bellsport 4 – Umacón Zaragoza 4 (Zaragoza gaña a penaltis)
Nazareno FS 4 – Levante UD 6
Melilla 1 – Burela Pescados Rubén 2
Noia FS 5 – Marfil Santa Coloma 4
Maxon Montcada 3 – Magna Navarra 1
Profiltek Agüimes 0 – Azkar Lugo FS 5
Fononós Gomerón 1 – FC Barcelona Alusport 9
O Parrulo Ferrol – H. Levant Manacor (mércores)
Zierbena – Peñíscola Bodegas Dunviro (mércores)
Brihuega – Montesinos Jumilla (mércores)
Carnicer Torrejón – ElPozo Murcia (mércores)
Segovia Futsal – Santiago Futsal (mércores)
Uruguay Tenerife – Ríos Renovables Ribera Navarra (mércores)

Próxima rolda
O próximo sorteo, no que se coñecerán os emparellamentos dos oitavos de final, levarase a cabo o vindeiro mércores 13 de outubro na sede da RFEF.

Regreso a Lugo
O Azkar Lugo abandonará a illa de Gran Canaria mañá mércores ás 10:00 horas. Tras facer escala en Madrid, os lucenses chegarán ao Aeroporto de Peinador de Vigo ao redor das 16:00 horas para chegar sobre as 19:00 horas a Lugo onde o equipo comezará a preparar o choque ligueiro deste próximo sábado (18:30 horas – Pavillón Ciudad de Tudela) ante o Ríos Renovables Ribera Navarra.

6 de novembro de 2013 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.