O Azkar Lugo FS regresa á liga cun importante partido ante o Gran Canaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Tras seguir desde a barreira as evolucións da 12ª xornada deste pasado fin de semana, na que o Azkar Lugo FS tocoulle descansar, este próximo sábado (16:15 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) os galegos regresan á competición e farano na 13ª xornada cando recibirán ao Colegios Arenas Gran Canaria. Será un partido importante xa que os isleños son últimos cun punto e os lucenses adiántanlles en cinco puntos e un posto na táboa.

Os de Diego Ríos, tras descansar sábado e domingo, retomaron hoxe luns as sesións de adestramento para seguir preparando a conciencia este choque. No arranque de semana non se exercitaron Jose López, por lesión, nin Álex Diz que sofre un proceso vírico.

Horarios de adestramentos:

Luns 25:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Martes 26:
10:10 horas: sesión específica de porteiros e técnico-táctica (Municipal).
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Mércores 27:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Xoves 28:
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Venres 29:
10:45 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).

Sábado 30:
16.15 horas: 13ª xornada de liga: Azkar Lugo – Colegios Arenas Gran Canaria (Palacio Municipal dos Deportes de Lugo).

Domingo 1:
Descanso.

25 de novembro de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.