O Azkar Lugo disputará o tradicional partido no penal de Monteroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+

Como vén sendo habitual desde fai xa máis dunha década, o Azkar Lugo visitará mañá martes o Centro Penitenciario de Monterroso onde desde as 17:30 horas xogará un partido ante un grupo de internos do centro. A Subdelegación do Goberno en Lugo acolleu esta mañá a presentación da actividade e contou coa presenza do Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, o Director do Centro Penitenciario de Monterroso, Antonio Rivera, o Subdirector de Réxime do Centro, José Manuel Pernas, e o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico.

Declaracións:

Ramón Carballo: “Este partido trátase dun cita tradicional e consolidada neste centro xa que van 12 anos celebrándose este partido e para os internos desde logo é un privilexio enfrontarse a un dos grandes a nivel nacional. Este partido vai moito máis alá pois se trata de motivar aos internos e favorecer a que se incorporen aptitudes propias da disciplina deportiva. Agradecer ao Azkar Lugo FS e á Fundación Azkar a súa aposta por manter ano tras ano esta actividade que vén reforzar as prácticas deportivas e grazas ao Centro Penitenciario de Monterroso polo seu labor encamiñado á reinserción dos reclusos”.

Iván Pico: “Esta actividade é unha das referencias dentro do plan de actividades da Fundación Azkar e para nós é un pracer unha ano máis axudar en todo o que podamos para poder transmitir os valores que dá o deporte a eses presos e axudar no seu labor de reinserción. Os presos agradecen moito este tipo de iniciativas, así nolo transmiten eles cando visitamos o centro cada ano e imos seguir colaborando en anos sucesivos”.

Antonio Rivera: “Presentamos a doceava edición do partido do Azkar Lugo no Centro Penitenciario e iso é sinal do compromiso social da Fundación Azkar que fai algo xa case rutineiro. Iso quere dicir que non é un compromiso puntual dun día senón que é un compromiso que se alarga ao longo do tempo e que a nós nos satisfai moito. Temos como meta a rehabilitación dos internos e para conseguilo é moi importante a educación en valores, o respeto o propio corpo e a ferramenta para conseguilo é o deporte. Todo o que fagamos por fomentar o deporte é positivo para a reinserción e educación dos internos. Grazas á Fundación Azkar por toda esta axuda e espero que sigamos máis anos facendo esta colaboración a cal agradecémoslles enormemente porque é unha colaboración desinteresada”.

18 de novembro de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.