O Azkar Lugo colabora na recolleita de alimentos e roupa a favor do banco de alimentos local
O Azkar Lugo FS e a Fundación Azkar colaborarán un ano máis co Banco de Alimentos de Lugo nunha campaña de recolleita de alimentos e roupa. Desde o día de hoxe, as instalacións do club e a Fundación no Centro Deportivo Terra serán un punto de recolleita de alimentos non perecederos así como de roupa. Deste xeito a sociedade lucense poderá colaborar con esta asociación que axuda ás persoas máis necesitadas e ademais nunhas datas tan sinaladas ao atoparse moi preto o Nadal.
E é que esta recolecta de alimentos e roupa levarase a cabo prácticamente durante un mes xa que ata o venres 20 ou sábado 21 de decembro, coincidindo co derbi galego entre o Azkar Lugo e o Santiago Futsal, estará vixente esta campaña de recolleita. Ese día por determinar, a recolecta trasladarase ao propio Palacio Municipal dos Deportes de Lugo onde se poderán seguir realizando as donacións e ademais entregarase ao Banco de Alimentos de Lugo toda a recolecta realizada ao longo destes días.











