O Azkar Lugo B acada unha nova vitoria ao vencer ao Arlequín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo B volveu vencer este pasado fin de semana e acumula tres xornadas consecutivas sen perder. Os lucenses venceron con brillantez ao Arlequín, equipo que superaba aos galegos nun punto e que agora pasa a ser último na táboa. Ante os casteláns, os lucenses souberon administrar a vantaxe de dous goles coa que chegaron ao descanso e abrigo superar unha expulsión no segundo periodo que posteriormente certificaban coa sentenza nos minutos decisivos.

O partido arrincou cun filial lucense máis entonado que o seu rival e así os lucenses aos dous minutos xa mandaban por dous goles no marcador. A partir dese momento cambiou a dinámica do choque e os visitantes parecían ser mellores o que aproveitaron os segovianos para pouco despois do ecuador do primeiro acto, ter empatado o partido (2-2). Entones o partido non parecía ter dono, ningún dominaba con claridade, e ambos equipos gozaban de varias transicións. O Azkar Lugo B na recta final da primeira parte aproveitaría dúas accións de estratexia para poñerse de novo por diante (4-2).

No inicio do segundo periodo o Arlequín saía cun punto de maior intensidade que os lucenses, levaban a manija do partido e aínda que ambos equipos gozaban de claras ocasións de gol, o marcador non se movía. Ao minuto 27 Manu polos locais vía a segunda amarela, pero a escadra azul superaría os seus dous minutos de inferioridade son encaixar gol. Superado ese momento de dificultade, o gol de Cancio para o Azkar B ao minuto 31 daba unha maior motivación aos pronistas (5-2). A falta de oito minutos para a conclusión, os segovianos intentaríano con porteiro-xogador, pero non conseguiron inquietar á defensa galega e ademais a catro para o final, Javi Río anotaba o gol da sentenza (6-2). O gol visitante que significaba o 6-3 definitivo chegaría a seis segundos para a conclusión.

Ficha técnica:
Azkar Lugo B 6:
Illi, Manu, Rubén Mouriz, Porto e Javi Río, -cinco inicial-, Cancio, Asier, Adrián, Cospe, Diego e Miguel.
Arlequín 3: Carlos, Oscaril, Abel, Abeliyo e Luís, -cinco inicial-, Isaac, Luigi, Alfon, Javito e Kike.
Árbitros: Arenas Parra e Granda Calas (Asturias). Amonestaron con tarxeta amarela a Illi, Adrián e Rubén (Azkar B) e a Luís (Arlequín). Expulsaron por dobre amarela a Manu (Azkar B) e a Luigi (Arlequín).
Incidencias: 9ª xornada de liga no grupo I da 2ª división B. Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.
Goles: 1-0 min. 2 Porto, 2-0 min. 5 Cospe, 2-1 min. 7 Abel, 2-2 min. 12 Luís, 3-2 min. 17 Rubén Mouriz, 4-2 min. 20 Rubén Mouriz, 5-2 min. 31 Cancio, 6-2 min. 36 Javi Río e 6-3 min. 40 Luigi.

O Azkar Lugo B xoga este sábado a partir das 16:30 horas no Pavillón de la Mora ante o Universidad de Valladolid.

25 de novembro de 2013 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.