O Azkar busca en Tudela dar un salto na liga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

O Azkar Lugo afronta un novo compromiso ligueiro e faio ante un rival que agora mesmo é da súa liga. Mañá sábado (18:30 horas – Pavillón Ciudad de Tudela) os lucenses visitan a un Ríos Renovables Ribera Navarra que adiantan nun punto aos de Diego Ríos. Trátase polo tanto dun partido importante para ambos equipos e nunha das canchas bonitas de 1ª división, polo seu ambiente, e a que aos lucenses déuselles ben as dúas veces que a visitou cunha vitoria e un empate.

Sorprende quizais tras nove xornadas a posición dos riberos que son 11º na clasificación con 7 puntos. Quizais a irregularidade dos de Tudela levoulles a esa situación e iso precisamente queren aproveitar os lucenses e así cun novo partido serio e competido levar os tres puntos da cancha dos de Pato e sumar polo tanto a súa primeira vitoria lonxe da capital lucense. Será un partido intenso, competido e no que os pequenos detalles poden ser decisivos, así como o que se poña por diante no marcador que lle fará xogar coa ansiedade do rival.

Para este encontro os lucenses seguen mantendo a dúbida na participación do canteirán Diego Núñez.

Convocatoria:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Cospe, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Aranburu, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Álex Diz e Zala.

Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Tudela:
Vitorias Ribeira Navarra: 0.
Vitorias Azkar Lugo: 1.
Empates: 1.

Tempada 12/13: 3-3.
Tempada 11/12: 3-4.

8 de novembro de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.