O Auditorio de Cedeira acollerá a presentación da Asociación de Acordeóns da vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Auditorio Municipal acollerá este sábado, 16 de novembro, a presentación da Asociación de Acordeóns de Cedeira. Entidade que nace xa con 85 socios e que está integrada pola Orquestra de Acordeóns. O acto, que dará comezo a partires das oito do serán con entrada libre e gratuíta, estará conducido por Xosé Arribe.

A presentación comezará cun percorrido pola historia do acordeón, que incluirá diferentes proxeccións de vídeos e imaxes. Continuará cunha especial mención aos acordeonistas de Cedeira, dende os precursores ata aos músicos actuais e, de seguido, o público poderá disfrutar da actuación de solistas e grupos de acordeonistas, que interpretarán pezas de diferentes países. O acto continuará coa escenificación do “Acordeón na Taberna”, unha recreación coa que se quere recuperar e impulsar esta tradición arraigada na vila e, para rematar, está prevista a actuación da Orquestra Infantil de Acordeóns.

13 de novembro de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.