O Auditorio de Cedeira acolle a representación da obra “Asasinato no Parque de Atraccións”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este sábado, 30 de novembro, a representación da obra teatral “Asasinato no Parque de Atraccións”, da compañía Axóuxere. Unha comedia en clave musical escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta enfocada a un público maior de 14 anos. A función dará comezo ás 20 horas e o prezo das entradas é de 2,5 euros.

A obra sitúase na zona de descanso dun parque de atraccións cun director que vén a amañar a súa situación de crise (ou non) e uns traballadores que non son o que semellan. Prodúcese entón un asasinato que tentará resolver unha detective chegada de Gran Bretaña. Unha obra chea de humor interpretada -e cantada- por Paula Suárez, Paula Galego, Kike Vales, Nanda Tasende, Lola Tasende, Loly González, Tatiana Mouro, Silvia Larrosa, Alejandro Albaiceta e Fernando Imbernón.

29 de novembro de 2013 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.