O aparcamento do Centro Comercial Pontevella será gratuíto durante a celebración da Carreira de San Martiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Con motivo da celebración da Carreira Pedestre Popular San Martiño 2013, o aparcamento do Centro Comercial Pontevella será gratuíto durante toda a xornada de pasado mañá domingo, día 17 de novembro.

A xerencia do Centro Comercial comunicou ao Concello esta decisión, coa que pretende facilitar a posibilidade de aparcar con comodidade e sen custe aos participantes (máis de 11.000 inscritos) nesta proba, así como aos espectadores que se acheguen a ver a saída, dende a Ponte do Milenio, e a chegada, dende o Pavillón dos Remedios, nas proximidades do centro comercial.

Responsables do Centro Comercial precisaron que o aparcamento será gratuíto durante toda a xornada, dende a súa apertura ás 9:00 horas ata a madrugada.

15 de novembro de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.