O alcalde de Palas de Rei da conta das deficiencias no suministro eléctrico que sofren os veciños das zonas límitrofes con Melide e Agolada
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, deu traslado a Xefatura territorial de industria de Lugo, das deficiencias que existen no suministro de enerxía eléctrica nas zonas palenses de Bacariza, Mácara, Rioseco, A lagoa e Remonde e, en xeral, da zona palense limítrofe cos municipios de Melide e Agolada. O mandatario palense, deu ademais conta a compañía suministradora de Gas Natural das continuas deficiencias no suministro eléctrico nas mencionadas zonas, que están a causar importantes perxuizos ás explotacións gandeiras e empresas asentadas nestas zonas.
Pablo Taboada xa mantivo un encontró co Xefe Territorial de Lugo da Consellería de Industria da Xunta de Galicia donde lle amosou o malestar que sofren os veciños afectados ante os continuos problemas no suministro eléctrico destas zonas afectadas, e urxiu a que dende a Consellería de Industria se tome conciencia e que se erradique de raíz con estes problemas no suministro eléctrico que afectan a diario a principal actividade económica dun número considerable de familias palenses.











