Novas sesións na biblioteca de Neda do programa infantil “Lesme un conto?”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Neda invita ás familias a participar mañá mércores, a partires das seis da tarde, a unha nova sesión do programa de fomento da lectura “Lesme un conto?”. A través do mesmo, persoal propio do departamento municipal de Cultura, así como nais, pais e avós contarán-lerán diferentes narracións infantís para os seus fillos e fillas. Tras estas “lecturas compartidas”, os máis pequenos da casa pasan un rato lendo cos seus familiares e seleccionan aqueles libros que desexen levar á casa. Unha actividade que non precisa inscripción previa e que se repite en mércores alternos.

Unha hora máis tarde, ás sete do serán, a Biblioteca acollerá a sesión mensual do Clube de Lectura para adultos (maiores de 14 anos). Para participar, as persoas interesadas deben anotarse na Casa da Cultura (de luns a venres de 9 a 13 e de 17 a 20 horas).

Nun e noutro programa, a participación é gratuíta.

12 de novembro de 2013 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.