Novagalicia Banco convértese en entidade colaboradora do Concello de Monforte
A concellería de Facenda informa que Nova Galicia Banco é a entidade financeira colaboradora co Concello de Monforte.
A concellería sacou a concurso a colaboración coas entidades financeiras, dando un prazo de dous meses para que estas realizasen a súa oferta. A este concurso só se presentaron dúas entidades, a xa mencionada e Caixabank.
O Concello valorou como a mellor oferta a presentada por Nova Galicia Banco, motivo polo que será esta entidade a que se encargue de xestionar os cobros municipais.
A cidadanía poderá resolver o pago dos seus recibos vía telemática sen ter que acudir fisicamente ás oficinas de Nova Galicia Banco, independentemente de cal sexa a entidade coa que traballa ou na que ten aberta conta.











