Nova convocatoria de adestramento da selección galega sub19

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ▼
A-
A+

O próximo Luns 11 de Novembro, os convocados pola selección galega de fútbol sala sub-19 realizarán o segundo adestramento de preparación para a fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais, do que xa se coñecen as datas e rivais.

Mon Barreiro, seleccionador galego, deu a coñecer a lista de convocados, onde repiten os 4 xogadores xuvenís do Santiago Futsal: os porteiros Alberto Fernández e Gabriel Capelo e os xogadores Samuel Fernández e Adrián Torres.

A selección de Galicia disputará a fase previa en Madrid e estará encadrada no Grupo D, coa selección de Extremadura e a propia selección madrileña, coas que xogará os días 28 e 29 de Decembro, respectivamente. Só se clasifica o primeiro de cada grupo, que en caso do grupo D, se enfrontaría ao primeiro clasificado do grupo C nas semifinais e que está composto polas seleccións de Murcia, Canarias, Islas Baleares e La Rioja. Pola súa banda o campión do grupo A, composto polas seleccións de Cataluña, País Vasco, Castela La Mancha e Ceuta, enfrontaríase en semifinais ao campión do grupo B, composto por Andalucía, Aragón, Comunidade Valenciana e Melilla.

Lista de convocados

VIGO 2015

Alejandro López Naveira

Ángel López Rodríguez

CARBALLIÑO FS

Aaron Dacosa Lorenzo

5 CORUÑA FS

Óscar López Lago

Xian Seoane García

BURELA PESC RUBÉN

Helder Gonsalves Semedo

VILALBA F.S.

Ismael Vázquez Villares

SANTIAGO FUTSAL

Alberto Fernández Domínguez

Gabriel Capelo Folgoso

Samuel Fernández Vilas

Adrián Torres Giadás

BARVAL FS

Martín Rodríguez Neira

TROULA BETANZOS

Alberto Novo Sánchez

AZKAR LUGO

Rubén Mouriz Pena

Adrián González Varela

Alejandro Diz Teijeiro

7 de novembro de 2013 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.