Nigrán acolle un novo curso de carretilleiro
O Concello de Nigrán, continuando coa programación anual de formación ofrecida aos seus veciños anuncia a realización dun curso de carretillero, cunha duración de 20 horas, dirixido preferentemente a persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio, no que o alumnado aprenderá os compoñentes da carretilla, o seu funcionamento e mecánica e ás medidas en seguridade e prevención de riscos aplicables.
Este curso consta dunha parte teórica e outra práctica. A parte teórica impartirase nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal o luns 9 de decembro. A parte práctica impartirase na autoescola Lusant, situada na Avenida Alcalde de Lavadores 171, en Vigo, os días 10, 11 e 12 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
As persoas interesadas en participar terán que presentar a súa solicitude xunto coa documentación requerida no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena de Nigrán, e na páxina web deste concello, www.nigran.org, entre o 18 o 29 de novembro, poñendo a disposición un total de 20 prazas.
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena Municipal, no 986 366 572, ou formular as súas preguntas a través do correo electrónico centroantena@nigran.org.











