Neda organiza unha visita guiada polo casco histórico do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Veciños e visitantes poderán coñecer este martes, 19 de novembro, os principais recursos turísticos do casco histórico da real vila de Neda. Será a través dunha visita guiada organizada polo Concello. Unha ruta para descubrir a arquitectura e rico patrimonio monumental da localidade. O itinerario, de tres horas de duración, cubrirá a distancia que separa as igrexas de Santa María e de San Nicolás. Está pensado para todas as idades e a participación no mesmo é completamente gratuíta.

Segundo explicou a concelleira de Turismo, Montse Rico, a visita guiada arrancará da Igrexa de Santa María ás cinco da tarde e, tras un minucioso percorrido polo interior do templo, partirá cara o centro. Alí, e entre as paradas obrigadas, estará a rúa Paraíso, a rúa Real, os soportais, o cruceiro, a Torre do Reloxo… Unha visita que, sen dúbida, merece a pena realizar.

18 de novembro de 2013 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.