Neda conmemora o Día contra a Violencia de Xénero cunha “Marcha polo bo trato”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Igualdade, Cultura e Educación, Eva Olmo, invitou esta mañá á veciñanza de Neda a participar na Marcha Polo bo trato organizada polo Concello para conmemorar o Día Mundial contra a Violencia de Xénero. Terá lugar o próximo luns, 25 de novembro, con saída ás 11,30 horas do Albergue de Peregrinos, ubicado no entorno do Paseo Marítimo. Discurrirá por este último e rematará na casa consistorial. Neste punto, en torno ás 12 horas, procederáse á lectura dun manifesto de repulsa a esta auténtica lacra social.

A marcha conta coa colaboración dos colexios Maciñeira e San Isidro, así como do IES Fernando Esquío e a Asociación de Amas de Casa e, dende o Concello, anímase á veciñanza a sumarse á mesma.

20 de novembro de 2013 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.