Neda activa a activa este venres a Campaña de Recollida de Alimentos para familias con escasos recursos
O Concello de Neda anunciou esta mañá o inicio da Campaña Solidaria de Recollida de Alimentos para familias con escasos recursos económicos. Unha iniciativa que a Concellería de Servizos Sociais poñía en marcha por primeira vez en 2011 e que reedita neste exercicio dada a positiva resposta amosada pola veciñanza en edicións anteriores. Dende este venres, 15 de novembro, e ata o vindeiro 15 de decembro, as persoas interesadas en colaborar nesta causa solidaria poden depositar os alimentos –sempre productos non perecedoiros– nos puntos habilitados: grandes superficies comerciais do municipio (Eroski); nos locais municipais de entidades sociais da vila (A VV Anca, A VV Ancos, Asociación de Amas de Casa, A VV O Roxal, na Casilla do Puntal e A VV Viladonelle) e nas oficinas municipais da casa consistorial (Avenida de Alxeciras, 34). Neste último caso, en horario de mañá, de 9 a 14 horas de luns a venres.
Así, a concelleira de área, Leonor Canosa, explicou que o Concello prevé entregar as cestas de Nadal ás familias con escasos recursos a partires do día 17 de decembro. Estas incluirán, entre outros alimentos, turróns, café, aceite, lacón, pasta, arroz, azúcar ou leite. Elaboraranse tanto cos productos procedentes de Cáritas como da campaña que agora comeza.











