Mos e Solidariedade Galega co Pobo Saharaui organizan un Trofeo de Baile Solidario

Presentación do Trofeo Baile Solidario
Esta mañá presentouse no salón de sesións da Casa Consistorial mosense o Trofeo Solidario Concello de Mos Open Internacional Art Dance de Baile Deportivo. Na presentación desta competición en beneficio da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Benestar Social, Sara Cebreiro, o edil mosense de Deportes, Isidoro Táboas, a presidenta da asociación beneficiaria e un membro colaborador da mesma, Maite Isla e Mohamedu Elhiba respectivamente, a bailarina profesional mosense, Patricia Martínez, e o director da Escola de Baile Pasos, Miguel Abreu.
O trofeo celebrarase o domingo 17 de novembro de 12.00 horas da mañá a 20.00 horas da tarde no Pavillón Óscar Pereiro. O prezo da entrada, do cal unha parte cédeselle a modo de donativo á asociación beneficiaria, será de 7 euros.
Os donativos recollidos gracias a este evento deportivo adicaranse, entre outros fins, a mercar medicamentos e comida para unha expedición que a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui realizará próximamente ó Sáhara. A viaxe partirá o vindeiro 31 de novembro e os membros da asociación irán acompañados dunha xinecóloga, un odontólogo, dous enfermeiros, un cámara de televisión e un periodista.
Mohamedu Elhiba expicaba esta mañá que a crise económica mundial está a afectar enormemente ós campamentos de refuxiados saharauis, cuios almacéns de comida se atopan valeiros. A situación é crítica, de xeito que o 57% da poboación infantil saharaui padece de anemia debido á falla de alimentos. Esta situación non se vivía no Sáhara dende o ano 1956.
Voltando ó torneo do domingo 17 de novembro, dicir que nel participarán, ademais de Patricia Martínez e a súa parella de baile, Adrián Esperón, máis de 100 parellas de tódalas idades, dende nenos ata adultos, procedentes de Galicia, de outras comunidades autónomas da xeofrafía española e de Portugal. Este Trofeo Solidario é unha competición puntuable para o Ranking Nacional.
Patricia Martínez
A xa ilustre bailarina mosense participou a pasada fin de semana, os días 2 e 3 de novembro, xunto a Adrián Esperón, nunha competición internacional de modalidade Standard con puntuación para o Ranking Mundial que se celebrou na República Checa. A parella conseguiu nesta ocasión un segundo posto, a medalla de bronce.
As súas seguintes competicións serán o sábado 16 de novembro o Mundial de 10 Bailes de Salón en Viena (do que virá directa para participar no Trofeo Solidario Concello de Mos), e o 23 de novembro o Mundial da modalidade Standard que se celebrará en Kiev.











