Mos celebrará a festa de fin de ano coa orquestra Panorama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O campo de fútbol de Santiaguiño, parroquia de Guizán, acollerá unha festa de fin de ano que será amenizada musicalmente pola Orquestra Panorama. O prezo por persoa da entrada anticipada é de 15 euros e 20 euros en taquilla. A entrada inclúe unha consumición.

O recinto da festa estará cuberto cunha carpa climatizada. As entradas para o evento xa están dispoñibles a través da Comisión de Festas de Santiaguiño e pódense reservar chamando ós teléfonos 615 492 191 (Ana), 638 068 458 (María) e 607 914 852 (Diego), ademais existen catro puntos de venda anticipada de entradas no Bar Cabaliño, Bar Veiga, a cantina do Campo de Fútbol das Baloutas e ‘La Cabaña de Guerri’.

22 de novembro de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.