Mos aproba ceder a parte rehabilitada da Casa Reitoral de Petelos a Afaga para atención de enfermos de Alzheimer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Onte pola tarde aprobouse en sesión plenaria ordinaria mensual da Corporación Municipal mosense, a cesión dos bens integrantes da parte xa rehabilitada da antiga Casa Reitoral de Petelos a favor de Afaga, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira delegada de Benestar Social, Sara Cebreiro, informaron ó respecto de que está prevista a apertura da primeira parte rehabilitada da antiga Casa Reitoral de Petelos de cara a principios do vindeiro mes de decembro. Parte esta que será xestionada por Afaga.

A aprobación da decisión de que Afaga asuma a xestión desta parte das instalacións da Casa Reitoral implica, deste xeito, que esta área do edificio irá destinada específicamente a maiores de a partir de 55 anos de idade efectados pola enfermidade de Alzheimer e outras demencias senís e/ou neurodexenerativas. Unha vez rehabilitadas na súa totalidade, as demais partes do edificio serán destinadas a Centro de Día, e outras funcións sempre relacionadas coa terceira idade, e xestionadas neses casos directamente pola administración local mosense.

Segundo informaron as representantes municipais, o motivo polo cal se tomou a decisiou de que fose Afaga a entidade responsable de xestionar esta primeira parte do centro é porque son moitos os mosenses usuarios da asociación que se deprazan a diario ata as instalacións das que esta dispón en Porriño e que se atopan xa ó completo, sen prazas vacantes. Deste xeito, os enfermos de Mos disporán do seu centro de referencia no seu propio municipio.  

Datos do INE, Instituto Nacional de Estatística, do 2010, indican que en Mos existen un total de 248 enfermos de Alzheimer, dos cales 49 teñen entre 65 e 74 anos; 115 entre 75 e 84 anos; e 84 de 85 anos en diante.

Os programas que se levarán a cabo nesta área das instalacións de Petelos adicada a enfermos de Alzheimer e outras demencias abordarán a prevención da dependencia dos usuarios, a atención e asesoramento ós mesmos, a estimulación cognitiva e funcional, e a atención psicolóxica tanto a enfermos coma ós seus familiares e/ou coidadores.

Os obxectivos que se perseguerán dende dita área son a mellora da calidade de vida dos enfermos de demencias neurodexenerativas e dos membros do seu entorno, o mantemento da autonomía e a independencia persoal durante o maior tempo posible, a mellora do estado físico-emocional do coidador, o adestramento das capacidades cognitivas do enfermo, a información e asesoramento ás familias sobre Recursos Sociais, e a realización de actividades de prevención do deterioro físico e cognitivo.

1 de novembro de 2013 | 14:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.