Modificación do tráfico rodado na Rúa Constitución de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Con motivo do comezo das obras denominadas “Mellora da rúa comercial: Constitución, entre Tapia e Praza Manuel Murguía” Que o tramo comprendido entre os números 2 e 18 da rúa Constitución vai permanecer pechado ao tráfico dende o xoves día 7 de novembro a partir das 08.00 horas e ata a finalización das obra. Prégase retirar os vehículos estacionados en dito tramo antes desa data.

Por elo, habilitarase un desvío provisional, accedendo dende a rúa Tapia á rúa Constitución discurrindo por rúa Profesor Monasterio, Paseo Marítimo e a través da Praza Manuel Murguía, accederase novamente á rúa Constitución.

O tráfico procedente do Paseo Martítimo, ao chegar á Praza Manuel Murguía, desviarase e accederá á rúa Constitución.

Xúntase plano explicativo.

Así mesmo,  infórmase que os cambios de ubicación dos colectores de lixo que se realicen serán provisionais durante a execución das obras.

6 de novembro de 2013 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.