Misión Sapiens (Operación Comedia) trae á Laracha o monólogo de cinco recoñecidos actores galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCalendario
A-
A+

O ciclo “Venres Teatrais” continúa esta semana coa segunda das obras do programa. Trátase de Misión Sapiens (Operación Comedia), un novidoso espectáculo que mestura o teatro e os monólogos cómicos a cargo de cinco recoñecidos actores galegos: Luis Iglesia (Matalobos, Terra de Miranda, Piratas, Libro de Familia), Xabier Deive (Piratas, Matalobos, A vida por diante), Marcos Orsi (Rías Baixas, Matalobos, Mareas vivas), Xoque Carbajal e Jouse García.

Misión Sapiens non pretende ser soamente un entretemento, senón que foi concebido como “un espectáculo de autoaxuda que en menos de dúas horas transformará aos presentes en seres humanos cultos e educados, capaces de manter unha conversa sobre calquera tema sen necesidade de pasar horas e horas lendo libros, escoitando música ou vendo películas. O que non conseguiron a EXB, a FP, a ESO nin a OTAN, quizais o academos nós”.

Este espectáculo cómico vai dirixido ao público adulto. A actuación será na Casa da Cultura da Laracha, este venres a partir das 21.00 horas e con entrada gratuíta.

13 de novembro de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.