publicidade hoxe

Miño aproba a primeira fase da área deportiva e de ocio da Galea por 300.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMiño
A-
A+

No pleno extraordinario celebrado esta mañá no Concello de Miño, aprobouse coa mayoria de votos do grupo popular e a abstención do PSOE, o proxecto técnico da 1ª fase do “Equipamento multideportivo da Galea” cun presuposto de 298.139,22 €. Esta primeira fase está composta por unha pista de baloncesto, unha pista de fútbol sala, unha pista de balonmán e unha senda de footing.

Tambien someteuse ao pleno de hoxe a aprobación do proxecto de apertura do vial na Pedreira (Bemantes), cun presuposto de 19.764,47 € e cuxa obra consiste, fundamentalmente, na apertura, ampliación e pavimentación do vial existente.

Ao finalizar o pleno, a voceira do grupo popular diólectura á Declaración institucional con motivo do día de violencia de xénero que asinaron os dous grupos políticos con representación no Concello de Miño.

25 de novembro de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.