“Merendas con contos” achega á Biblioteca de Sober un obradoiro de coiro
A partir das 17:30 horas mañá venres celébrase na Biblioteca Pública Municipal de Sober unha nova edición das ‘Merendas con contos’ dedicada ás nosas tradicións. Os nenos e nenas de Sober participarán nun obradoiro de coiro. Os participantes lerán ademais O zapateiro e os trasnos, da editorial Kalandraka e Os habitantes das cidades da editorial A nosa terra.











