Melloras na rede de saneamento da rúa París
O Concello da Coruña, por proposta da Concellaría de Infraestruturas, executará obras na rede de saneamento na rúa París, dentro dun proxecto que xa se puxo en marcha noutras rúas do barrio da Zapateira para mellorar e modernizar as canalizacións de augas pluviais e residuais.
A Xunta de Goberno aprobou esta semana o Plan provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POST) da Deputación para o próximo ano e que inclúe o financiamento da metade do proxecto de saneamento da rúa París, no tramo entre as rúas Atenas e Xenebra. En concreto, o Concello investirá 164.086,30 euros no proxecto, mentres que a Deputación sufragará 166.787,74 euros, ata completar un presuposto final de 330.874,04 euros.
Na actualidade, o Concello está a executar a instalación da rede de rede de sumidoiros separativo na rúa Viena, no tramo comprendido entre a intersección coas rúas Roma e Xenebra, unha obra adxudicada por 112.880 euros e que, precisamente, se inclúe dentro do Plan de Obras e Servizos (POST) da Deputación da Coruña para este ano.











