Melloras de xardinería no barrio de Campolongo
A Concellaría de Parques realiza nestas semanas traballos de mellora e mantemento no barrio de Campolongo. Na rúa Iglesias Vilarelle fíxose unha plantación de jacarandas (Jacaranda mimosifolia), unha vez que se reordenou as plantacións de todo este ámbito. Cabe lembrar que hai arredor dun ano a Concellaría de Parques fixo distintas talas e replantacións nesta rúa e noutras da zona para retirar as árbores plantadas na beirarrúa que dificultaban o tránsito das persoas, o que mellorou substancialmente a circulación de peóns.
A Concellaría de Parques, á par que mellora os parterres da rúa, especialmente dos que se topan a carón do Instituto Nacional de Estatística, nas escaleiras que suben a Xeneral Rubín, está a facer novas plantacións de Jacarandas na rúa, pero fora da beirarrúa e dentro das zonas verde. Por outra banda, na praza da Constitución, tamén se acometen melloras no xardín no que se topa o hórreo. A Concellaría está a instalar o
sistema de rego automatizado e estase a facer unha resembra de céspede.











